Os pronomes persoais

Os pronomes persoais son unha clase de palabras que substitúen aos substantivos e ás palabras que os acompañan (artigos, adxectivos…); e dicir substitúen a frases cuxo núcleo é un substantivo.

Podemos distinguir dúas clases de pronomes persoais en galego:

  • formas tónicas (pronomes persoais tónicos)
  • formas átonas (pronomes persoais átonos)

O pronome persoal tónico

As formas tónicas dos pronomes persoais funcionan como suxeito da oración ou van detrás de preposicións como a, para, con, …

Cadro coas formas dos pronomes persoais tónicos

PersoaSingularPlural
eu, minnós
ti, vostedevós, vostedes
el, elaeles, elas

O pronome persoal átono

As formas átonas dos pronome persoais substitúen a un substantivo, pero nunca poden realizar a función de suxeito da oración; tamén é coñecido como pronome complemento.

Colocación do pronome persoal átono

  1. Polo xeral, o pronome átono sitúase despoís do verbo e unido a el: Gustouche a lección de Ciencias Sociais?
  2. Pero nos seguintes casos colócase antes do verbo e separados del:
    • nas oracións negativas: Nunca te vin xogar ao balenpé.
    • nas oracións introducidas (que empezan) por que, quen, cando, canto, como, onde, porque, por que, …: Non recordo quen me regalou este libro.
    • despois da maioría dos adverbios: El tamén me contou un conto.
    • nas oracións desiderativas: Oxalá poidas vir á festa do meu aniversario.

Video da colocación do pronome átono

Cadro coas formas dos pronomes persoais átonos

PersoaSingularPlural
menos
te, chevos
o, a, lle (a el, a ela)os, as, lles (a eles, aelas)
Esta imaxen é un esquema moi resumido dos explicado nesta páxina sobre os pronomes persoais en galego.
Vídeo publicado na canle da Televisión de Galicia en Youtube

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *